NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

EDNL

NATUREZA E XOGOS
O venres 9 de xuño o ENDL, xunto co departamento de Educación Física organizou unha saída pola contorna cos alumnos de 1º e 2º de ESO. 
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO partiron camiñando do centro até a praia de Estorde facendo un roteiro polo monte. Alí esperábanos os compañeiros de 1º de ESO para partiparen todos en diversos xogos organizados. Xogaron aos bolos, tiro con aro, paseos en kayaks e competiron en campo americano. 
Unha mañá compartindo momentos de lecer como se pode observar nas fotos.






OLIMPIADA " O SABER TEN PREMIO"
O venres 19 desenvolveuse a gran final da olimpiada cultural O saber ten premio. Chegaron á final 3 equipos que contestaron un total de 20 preguntas en directo e con un contador temporal. Unha vez eliminado un equipo participaron no debate os outros dous equipos quedando como gañadores o equipo, Nunca choveu que non escampara. 
Parabéns a tódolos participantes!!!




PREMIOS MICRORRELATOS
Na gala final da Olimpiada do Saber tamén se fixo entrega dos premios do concurso de microrrelatos. Houbo dúas categorías nas que se entregaron 3 premios, dous na categoría A (1º, 2º e 3º de ESO) e un na categoría B(4º, bacharelato e ciclos).
As premiadas na catogoría A, foron as alumnas: María Caamaño Vázquez co microrrelato Eu son, 2º premio e Paula Pérez Trillo, 1º premio, co relato Corro. E a premida na categoría B foi Alexandra Verdía Couto co relato O principio.
No seguinte enlace podedes ver os microrrelatos gañadores e participantes.

LETRAS GALEGAS

O cómico galego Pedro Brandariz acercouse ata o noso centro para contarnos historias sobre a língua e a cultura galega. Dúas sesións moi ben acollidas polo alumnado que se divertiu cos seus contos e aventuras.


SUBIDA Á MOA
Como vén sendo habitual no IES Fernando Blanco, o EDNL acompañado doutros departamentos, organiza cada curso académico unha subida ao Monte Pindo, concretamente ata a súa cima, coñecida como A Moa. Esta actividade pretende que dar a coñecer ao alumando un ben comunitario que moitos deles, a pesares de vivir ao seu pé non o coñecen. É unha actividade cultural, interdisciplinar, de convivencia....que remata finalmente na praia do Pindo con xogos populares.

MICRORRELATOS 2016-2017

Animádevos a participar no concurso de microrrelatos organizado polo EDNL e a biblioteca do centro.


SAMAÍN CURSO 2016-2017

Un curso máis, pasámolo de medo na biblioteca!! Alumnos e alumnas do grupo de teatro representaron historias aterradoras durante varias sesións da mañá. Parabéns a todas e a todos dende o ENDL co que colaborades cada curso, grazas!!





CURSOS ANTERIORES
Aquí tedes algunha das fotos do Correlingua en Rianxo con música de Emilio Cao.

SENDEIRISMO EN CALDEBARCOS
O luns 3 de maio as alumnas e alumnos de bacharelato acompañados de Manuel,Silvia, Lois e Turnes percorreron a Ladeira Sur do Monte do Pindo, zoa de interese paisaxístico, etnográfico, botánico etc. Elixiron a ruta, Nin un paso sen vistas,e podedes comprobar nas fotos que efectivamente é certo. Se queredes información pinchade neste link.
Probas gráficas da actividade....


Este foi o cartel gañador do concurso de slongan, feito por Andrea Castiñeira Canosa de 4º ESO.
Estes son os carteis participantes no concurso, tamén están no taboleiro do corredor.

II CONCURSO DE SLOGAN EN DEFENSA E PROMOCIÓN DO GALEGO



ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO


IMAXES DO ACONTECIDO NA NECROTECA DURANTE A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN
Hoxe celebramos o samaín no instituto!!!
Alumnas/os e profesoras/es convertirán a biblioteca á última hora da mañá nunha "necroteca",leeremos contos de terror, historias de medo.......e todo ambientado para o momentoooo.....
A próxima semana teredes aquí probas do sucedido.

No hay comentarios: