mércores, 21 de maio de 2014

Té con Kant



O venres 13 de decembro, no salón de actos do centro, o alumnado de Bacharelato tivo a oportunidade de asistir á obra Té con Kant, proxecto que conxugou o ensaio filosófico e a creación escénica para acadar unha peza de teatro íntimo, próxima ó formato teatro-didáctico-conferencia. A posta en escea durou arredor de dúas horas e unha vez finalizada deuse paso a un debate moi enriquecedor dunha hora.
Esta actividade foi posible grazas á colaboración do ENDL cos departamentos de Filosofía e Xeografía e Historia.

Ningún comentario: