mércores, 21 de maio de 2014

Concerto de Fran Narf





O venres 20 de decembro no salón de actos do instituto, puidemos gozar da formidable actuación do cantante Fran NARF. Presentounos poemas cantados de grandes poetas galegos e lusos como Castelao, Rosalía de Castro, Luís de Camoes ou Xelís de Toro. Neste concerto cantou en galego, portugués, linguas de orixe bantú e en inglés escrito por galegos. Durante o concerto, Fran tamén dialogou co alumnado de maneira distendida sobre as experiencias vitais reflectidas nas cancións, respondendo a preguntas e explicando as súas vivencias e as distintas culturas coñecidas, sendo o galego o idioma co que viaxou polo mundo.



A esta actividade asistiu toda a comunidade educativa como peche ó primeiro trimestre do curso.
Este concerto foi posible grazas á colaboración do ENDL cos departamentos de Lingua Galega e Música.

Ningún comentario: