martes, 16 de mayo de 2017

Na lembranza de Carlos Casares

Este 17 de Maio Galicia honra ás súas letras e a súa lingua homenaxeando ao escritor, biógrafo e ensaísta Carlos Casares Mouriño

LETRAS GALEGAS

O cómico galego Pedro Brandariz acercouse ata o noso centro para contarnos historias sobre a língua e a cultura galega. Dúas sesións moi ben acollidas polo alumnado que se divertiu cos seus contos e aventuras.

SUBIDA Á MOA


Como vén sendo habitual no IES Fernando Blanco, o EDNL acompañado doutros departamentos, organiza cada curso académico unha subida ao Monte Pindo, concretamente ata a súa cima, coñecida como A Moa. Esta actividade pretende que dar a coñecer ao alumando un ben comunitario que moitos deles, a pesares de vivir ao seu pé non o coñecen. É unha actividade cultural, interdisciplinar, de convivencia....que remata finalmente na praia do Pindo con xogos populares.

jueves, 4 de mayo de 2017

Concerto de blues

O vernes 28 de abril, dentro das actividades organizadas pola xefatura de estudos e a biblioteca do centro, todos puidemos disfrutar do concerto de blues a cargo de Turnes&Casquero, ós que acompañou o alumno de 4º de ESO, Darío Lago. 

Recital Leonard Cohen

Os alumnos e alumnas do grupo de teatro participaron na homenaxe a Leonard Cohen que se celebrou na biblioteca do centro o venres 21 de marzo.  Unha marabillosa actividade da que vos deixamos aquí unha pequena mostra.

jueves, 6 de abril de 2017

X Certame de microrrelatos

Chegou a primavera e con ela o X certame de microrrelatos do IES Fernando Blanco. Nos corredores do centro hai carteis coas bases do concurso, só tés que ler e animarte logo a escribir. Adiante tod@s!!!


jueves, 30 de marzo de 2017

Unha chea de actividades

Bibliofernandoblanco ten varias actividades programadas para as vindeiras semanas, comezamos este venres con Francisco Santiago que nos falará do lobo na Costa da Morte.



viernes, 24 de marzo de 2017

Encontros PLAMBE

O Venres 17 celebráronse en Santiago os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares galegas. No seguinte enlace está o acceso aos materiais.
Materiais dos encontros en rede.

jueves, 24 de noviembre de 2016

Adeus a Narf

O pasado 15 de novembro faleceu o compositor e cantante galego Francisco Xavier Pérez Vázquez coñecido como Narf, que visitou o noso centro hai dous anos
Sempre nos quedará a súa música:
             

martes, 15 de noviembre de 2016

Voluntariado na Biblioteca escolar

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos acaba de publicar a convocatoria de Bibliotecas Escolares Solidarias  na que se engloba o programa Voluntariado na Biblioteca escolar destinado a alumnado de secundaria que estea disposto a colaborar en actividades da biblioteca do centro: colocación, programas de lectura, dinamización...
A final de curso a consellería, unha vez probadas as horas de colaboración, emitirá os diplomas para o alumnado colaborador.
Podedes solicitar a documentación para inscribirvos na biblioteca aínda que o martes 22 convocámosvos a unha reunión na biblioteca no recreo para informar sobre este programa.
Animádevos a colaborar!!!

sábado, 12 de noviembre de 2016

130 Aniversario de Queixumes dos Pinos

Este sábado 12 de Novembro celébrase o 130 aniversario da publicación do libro de Eduardo Pondal, Queixumes dos Pinos. O luns 14, ás 12:20h no salón de actos do instituto, farase a presentación da reedición do libro, para a que contaremos coa presenza da escritora ceense Concha Blanco acompañada do benquerido profesor do centro e investigardor Félix Neira.


viernes, 13 de mayo de 2016

As Memorias dun neno labrego no noso IES

O pasado mércores 11 de maio tivemos a sorte de acoller no noso instituto a Cándido Pazó representando as Memorias dun neno labrego, do xenial Xosé Neira Vilas. A actividade, organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, foi un rotundo éxito. Todos gozamos coas memorias, rimos e emocionámonos. O valor do teatro e a sensibilidade sempre serán sinais de identidade de noso! Graciñás, Cándido Pazó pola túa inmensa achega!